martes, 18 de decembro de 2018

Segundo encontro

No club de lectura Xelmilectorxs non quixemos rematar o ano sen ler un libro máis! E por certo...o club non para de medrar! Cada vez somos máis 😀

Desta vez lanzámonos a ler banda deseñada, da man de Miguelanxo Prado. A casa dos Pampín deu moito que falar! Os Pampín, un pouco enrevesados, querían máis e máis...pero ao final saíron perdendo. Os "chanchullos" do alcalde e o Sr. Peteiro acabaron por tirar abaixo a casa da familia.

Mais no noso club encargámonos de recuperar algunhas das propiedades e dos cartos dos Pampín (algúns xa vedes que amorearon unha boa cantidade). A subasta foi todo un éxito e todos saímos gañando!

Pasade unhas boas festas, que ben as merecedes! Vémonos á volta con máis lecturas!

A LER E RIR MOITO!! 😊