xoves, 20 de febreiro de 2020

4° Encontro Xelmilectorxs


Unha semana máis, xs Xelmilectorxs volvemos xuntarnos para compartir un divertido xantar literario. Nesta ocasión, eliximos A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey.

Ademais de comentar o libro, intentamos empatizar cxs personaxes poñéndonos na súa pel a través do xogo de roles. Velaí vos deixamos algunhas mostras:

*Mentres dorme, André esmaga sen querer o seu paxaro, Garuda. Cando chega a nai á casa este non para de chorar en estado de shock, polo que ela, para que reaccione, dálle unha labazada.



       

*André recibe o seu proxenitor logo de días sen velo e alleo á separación entre os seus pais. É a súa irmá adolescente Davinia a que lle abre os ollos cunha sensibilidade nula.



*Farto das situacións de acoso escolar que vive no seu instituto, André decide levar unhas follas de marihuana. Porén, esa acción non tivo o resultado que el agardaba.

venres, 17 de xaneiro de 2020

3° Encontro de Xelmilectorxs!

Feliz ano, Xelmilectorxs! 🎉

Comezamos o 2020 cun novo encontro en que tivemos a sorte de contar con Eva Mejuto, autora do libro 22 segundos, elixido nesta ocasión para a súa lectura.

Queremos agradecerlle á autora, non só a súa visita, senón tamén o seu atrevemento ao visibilizar a transexualidade, un tema tabú ao que a sociedade aínda lle vira as costas.

Grazas, tamén, por estar aberta a responder todas e cada unha das nosas preguntas con tanta naturalidade e sensibilidade. Quedamos encantadxs e agardando con ansia a continuación do libro! 🤓📖




Ata a próxima! 🤗