venres, 16 de novembro de 2018

A mansión dos Pampín

XA TEMOS DATA E LIBRO!!

O martes 18 de decembro o club Xelmilectorxs volverémonos xuntar. 

Nesta ocasión, temos a banda deseñada como protagonista: A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado (tamén en castelán, La mansión de los Pampín).

ANIMÁDEVOS!!


martes, 13 de novembro de 2018

Primeiro encontro

Hoxe, no club de lectura Xelmilectorxs fixemos o noso primeiro encontro!!

Pasamos un pouco de medo recordando a terrible historia de Xabier e Adrián, protagonistas de Cartas de Inverno...que pasaría con eles? Seguen a ser monstros? E a casa enmeigada, existirá de verdade?

 Tareixa, a irmá de Xabier, deixounos unha tarefa moi importante que cumprimos con moita...responsabilidade e seriedade? Máis ben con moita imaxinación, enchemos as cartas queimadas polas lapas na casa de Vilarmaior!

En definitiva, pasámolo moi ben! Dentro de pouco voltaremos con máis lecturas...estades avisadxs!

A ler e rir moito!




Cartas de inverno

Primeiro libro do club Xelmilectorxs (13 de novembro)

CARTAS DE INVERNO