xoves, 5 de decembro de 2019

2° Encontro dxs Xelmilectorxs

          O pasado martes tivo lugar a segunda xuntanza dxs Xelmilectorxs. Nesta ocasión, lemos O 💜 de Xúpiter de Ledicia Costas.

          Ademais de ser unha moi boa escritora, Ledicia tamén saca tempo para mimar xs lectorxs dos seus libros, xa que tivo o detallAZO de mandarnos un vídeo relatando a súa visión dos feitos 😍:





        Pero a cousa non quedou aí, xs Xelmilectorxs tamén temos un pequeno vídeo de agradecemento para esta fantástica autora. Nel reflexionamos sobre as palabras de Ledicia ao redor do inesperado final da obra e tamén comparamos a historia de Isla coa de Amanda Todd 🤔




        E ata aquí a actualización das aventuras dxs Xelmilectorxs! Vémonos o 14 de xaneiro (con sorpresa incluída 😋)


Que teñades moi bo Nadal!🎄 Ata o ano que vén! 👋



mércores, 6 de novembro de 2019

1º Encontro dxs Xelmilectorxs (2019-2020)

Se Bruce Lee, por que ti non?

Abrimos unha nova tempada de lecturas no IES Xelmírez I!!!

 Neste curso atravesaremos mundos sen igual! Coñeceremos personaxes fantasticamente reais da nosa historia, flora e fauna das aventuras máis épicas xamais escritas e deixaremos voar a nosa imaxinación a través dun movemento lateral de ollos. 

Onte tivo lugar a primeira xuntanza deste apaixonado grupo de exploradorxs das letras. Agardamos que ao longo deste periplo lector o número de participantes aumente e así poder descubrir novos mundos xuntxs, comentando e compartindo a ollada que cadaquén fai dun mesmo libro, pois todxs lemos o mesmo, pero non entendemos sempre igual, e iso é o que fai a diversidade.

A primeira lectura en que nos sumerxemos, mentres devorabamos delicias de cacao con leite, foi Pel de lobo da autoría de Xosé Miranda.



martes, 11 de xuño de 2019

Derradeiro encontro con Pere Tobaruela!!

E COLORÍN COLORADO...ACABOUSE O CONTO!!

Hoxe tivemos un xantar moi especial coa compañía do autor de Mortos de ningures:
Pere Tobaruela

Aprendimos o esforzo que hai detrás dunha novela, todo o traballo que require (e tamén algo de inspiración!). Ademais, Pere transmitiunos ese amor tan especial que sinte pola nosa lingua e pola nosa cultura. Grazas Pere por visitarnos!

E así pechamos o curso 2018/2019 no Club de Lectura Xelmilectorxs! Que ledicia ver como a lectura vos atrae e emociona tanto! Seguide lendo e mantendo vivos os clubes de lectura!! 

Xelmilectorxs: Laura, Ana, Lía, Xela, Mateo, Ada, Erea, Manuel, Julia, Artur, Xiana, Antía, Antón, Cloe, Alda, Aldara, Mauro, Xela, Sonia, Ana, Gadea






venres, 3 de maio de 2019

Sorpresa, sorpresa...

AQUÍ ESTAMOS OUTRA VEZ!

O martes 11 de xuño volverémonos atopar. Desta vez da man de PERE TOBARUELA e o seu libro MORTOS DE NINGURES (unha obra que escribiu con Ledicia Costas).


PERO... QUEREDES SABER CAL É A SORPRESA ESTA VEZ? 

ESE DÍA TEREMOS UN XANTAR LITERARIO CON PERE!! 
O autor da obra virá ese día á nosa quedada, e poderedes preguntarlle todo o que queirades.


Así que xa sabedes, a ler Mortos de ningures.
(E a deixar os vosos comentarios no blog!)

sábado, 27 de abril de 2019

Iria Misa e a súa novela "Mamá, quero ser Ziggy Stardust"

Iria Misa mandounos un vídeo saudándonos e propoñéndonos unha serie de preguntas sobre a súa novela!! Fíxonos moita ilusión! Grazas Iria!


Nós tamén fixemos o noso propio vídeo respondendo a todas as súas preguntas. Aquí vos queda!



E, por suposto, recomendámoslle a todo o mundo a seguinte canción que foi a nosa banda sonora ese día!

domingo, 17 de marzo de 2019

MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST

OLA DE NOVO!

Tedes ganas de ler e pasar un bo rato? 

O martes 2 de abril volvemos co club de lectura e, desta vez, coa novela de Iria Misa: 
Mamá, quero ser Ziggy Stardust

Vémonos!!


mércores, 6 de febreiro de 2019

Terceiro encontro

Moito pintamos onte!! 
Para que vexa o "cabaleiro" que nós non temos armadura ningunha.
Vémonos para a próxima!




sábado, 2 de febreiro de 2019

EL CABALLERO DE LA ARMADURA OXIDADA

VOLTAMOS CON MÁIS LECTURAS!

Esta vez, co libro El caballero de la armadura oxidada de Robert Fisher. 
Seguro que este encontro estará cheo de emocións! 

Vémonos este martes día 5 na biblioteca. Traede comida, pinturas (lápices, rotuladores, ceras, etc.) e ganas de pasalo ben!