martes, 13 de novembro de 2018

Primeiro encontro

Hoxe, no club de lectura Xelmilectorxs fixemos o noso primeiro encontro!!

Pasamos un pouco de medo recordando a terrible historia de Xabier e Adrián, protagonistas de Cartas de Inverno...que pasaría con eles? Seguen a ser monstros? E a casa enmeigada, existirá de verdade?

 Tareixa, a irmá de Xabier, deixounos unha tarefa moi importante que cumprimos con moita...responsabilidade e seriedade? Máis ben con moita imaxinación, enchemos as cartas queimadas polas lapas na casa de Vilarmaior!

En definitiva, pasámolo moi ben! Dentro de pouco voltaremos con máis lecturas...estades avisadxs!

A ler e rir moito!




Ningún comentario:

Publicar un comentario