Unha semana máis, xs Xelmilectorxs volvemos xuntarnos para compartir un divertido xantar literario. Nesta ocasión, eliximos A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey.
Ademais de comentar o libro, intentamos empatizar cxs personaxes poñéndonos na súa pel a través do xogo de roles. Velaí vos deixamos algunhas mostras:
*Mentres dorme, André esmaga sen querer o seu paxaro, Garuda. Cando chega a nai á casa este non para de chorar en estado de shock, polo que ela, para que reaccione, dálle unha labazada.
*André recibe o seu proxenitor logo de días sen velo e alleo á separación entre os seus pais. É a súa irmá adolescente Davinia a que lle abre os ollos cunha sensibilidade nula.
*Farto das situacións de acoso escolar que vive no seu instituto, André decide levar unhas follas de marihuana. Porén, esa acción non tivo o resultado que el agardaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario