xoves, 5 de decembro de 2019

2° Encontro dxs Xelmilectorxs

          O pasado martes tivo lugar a segunda xuntanza dxs Xelmilectorxs. Nesta ocasión, lemos O 💜 de Xúpiter de Ledicia Costas.

          Ademais de ser unha moi boa escritora, Ledicia tamén saca tempo para mimar xs lectorxs dos seus libros, xa que tivo o detallAZO de mandarnos un vídeo relatando a súa visión dos feitos 😍:





        Pero a cousa non quedou aí, xs Xelmilectorxs tamén temos un pequeno vídeo de agradecemento para esta fantástica autora. Nel reflexionamos sobre as palabras de Ledicia ao redor do inesperado final da obra e tamén comparamos a historia de Isla coa de Amanda Todd 🤔




        E ata aquí a actualización das aventuras dxs Xelmilectorxs! Vémonos o 14 de xaneiro (con sorpresa incluída 😋)


Que teñades moi bo Nadal!🎄 Ata o ano que vén! 👋



Ningún comentario:

Publicar un comentario