mércores, 6 de novembro de 2019

1º Encontro dxs Xelmilectorxs (2019-2020)

Se Bruce Lee, por que ti non?

Abrimos unha nova tempada de lecturas no IES Xelmírez I!!!

 Neste curso atravesaremos mundos sen igual! Coñeceremos personaxes fantasticamente reais da nosa historia, flora e fauna das aventuras máis épicas xamais escritas e deixaremos voar a nosa imaxinación a través dun movemento lateral de ollos. 

Onte tivo lugar a primeira xuntanza deste apaixonado grupo de exploradorxs das letras. Agardamos que ao longo deste periplo lector o número de participantes aumente e así poder descubrir novos mundos xuntxs, comentando e compartindo a ollada que cadaquén fai dun mesmo libro, pois todxs lemos o mesmo, pero non entendemos sempre igual, e iso é o que fai a diversidade.

A primeira lectura en que nos sumerxemos, mentres devorabamos delicias de cacao con leite, foi Pel de lobo da autoría de Xosé Miranda.



4 comentarios:

  1. Que ben que xa comezou o club!! Que alegría ver caras coñecidas! :D Vades pasalo moi ben! Parabéns aos Xelmilectorxs e á profesora Paula!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas, Leire! Continuarei o teu magnífico legado!

      Eliminar
  2. O libro estivo xenial. Pero o seguinte que imos ler (cuidado SPOILER) non é que non me gustase, é que o final é moi tráxico. Esta Ledicia...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esta Ledicia leuche a mente abordando ese inesperado final no vídeo que nos mandou!

      Eliminar